Un galego, tras a cura do hantavirus dos Andes
Pablo Guardado Calvo, director de investigación do Instituto Pasteur de París, é de Ames e doutorouse na USC
O seu grupo descubriu un anticorpo terapeútico que demostrou eficacia, na fase preclínica, contra a variante máis agresiva
Os españois en corentena no Gómez Ulla poderían recibir visitas en poucos días
"O que fixemos é investigar os anticorpos que xeran os pacientes infectados; illar un deses anticorpos que era máis eficaz que os demais e probalo en modelos preclínicos, e funciona moi ben", cóntanos Pablo Guardado Calvo, director de investigación no Instituto Pasteur.
"Durante moi tempo estivemos buscando cartos para levalo á clínica, pero de momento sen éxito", lamenta. O biólogo galego e doutorado na USC lidera a investigación máis importante en marcha para curar a infección da variante dos Andes
De Ames, desde hai 16 anos Pablo é director de investigación no Instituto Pasteur. Explícanos desde París que agora hospitais e industria deben involucrarse. Que, se todo vai ben, en dous anos, unha enfermidade cunha letalidade do 40 % podería ter cura.
"Se realmente estivésemos nunha emerxencia grave, collerían as nosas investigacións e transformaríanos nun produto comercial, e está ben, é un sistema razonable. Simplemente hai que financiar ben a investigación básica e pública, para estar seguros de que en caso de emerxencia estaremos preparados", di Pablo Guardado Calvo, director de investigación no Instituto Pasteur.
Pero a diferenza dos hantavirus asiáticos para os que xa hai vacina porque hai moitos clientes potenciais, os hantaviris americanos deixan moi poucos casos: 30 positivos e 11 mortos no último gromo, nos Andes en 2018.
"Sospeito que isto vai ser igual e todo vai rematar aquí. Con respecto a se debemos ter alarma, imos dicir que temos que estar vixiantes do que pasa, pero tampouco temos que asustarnos", conclúe.