Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un filme bélico, gran triunfador dos premios Bafta

Un filme bélico, gran triunfador dos premios Bafta

Cate Blanchett e Astor Butler, mellores actriz e actor

Os premios máis importantes da industria británica esquecen a Carlos Saura

'Sen novidade na fronte' levou sete galardóns, entre eles o de mellor película
G24.gal 20/02/2023 09:18

Un filme bélico alemán arrasou nos premios Bafta, os máis importantes da industria británica, que se entregaron onte á noite. Sen novidade na fronte levou sete galardóns, incluído o de mellor película. A gala ademais volveu engrandecer a cinta de Elvis e volveu premiar a Cate Blanchett como mellor actriz, deixando á hispanocubana Ana de Armas sen premio.  

Foi a gran triunfadora desta 76 edición dos premios Bafta. Sen novidade na fronte, a longametraxe antibelicista alemá dirixida por Edward Berger, levou sete galardóns. O máis importante, mellor película, pero tamén mellor director, mellor guión adaptado, mellor son e mellor fotografía. O drama histórico que nos leva ás trincheiras da Primeira Guerra Mundial impúxose a outras grandes favoritas como Todo á vez en todas partes ou Almas en pena de Inisherin. Esta última levou con todo catro galardóns, entre eles, eles mellor película inglesa e mellor guión orixinal.

A figura de Elvis volveu brillar nesta gala. O premio para Aston Butler foi unha das sorpresas da noite. O actor estadounidense, que xa levara tamén o Globo de Ouro por este papel, impúxose na categoría de mellor actor aos grandes favoritos Colin Farrell e Brendan Fraser. O biopic sobre o rei do rock recolleu catro galardóns.

Non foi sorpresa a gañadora do Bafta a mellor actriz. De xeito indiscutible levouno Cate Blanchett, pola súa interpretación dunha déspota directora de orquestra en Tar.

Nesa mesma categoría, de mellor actriz, estaba nominada a hispanocubana Ana de Armas por darlle a vida a Marilyn en Blonde. 

Guillermo del Toro volveu triunfar co seu Pinocchio e levou o Bafta a mellor película animada e apunta como gañador tamén nos Óscars. 

Os outros titulares que deixou a gala: a lembranza de Helen Mirren á raíña Isabel II ou o esquecemento do director español Carlos Saura no vídeo de recordo ás persoas influentes da industria cinematográfica desaparecidas nos últimos meses.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade