Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ferrolán acaba no calabozo por unha estafa cometida co seu DNI clonado

Un ferrolán acaba no calabozo por unha estafa cometida co seu DNI clonado

O farmacéutico Jorge Casado Rey xa foi xulgado en Vitoria, e ten aberta outra causa en Sevilla por feitos semellantes

G24.gal 20/02/2022 22:52

O pesadelo de Jorge comezou en agosto cunha chamada da policía de Fuencarral.

Presentou unha denuncia nos xulgados de Ferrol e púxose en contacto co banco para advertirlle de que alguén abrira unha conta utilizando o seu DNI. Despois deu o asunto por pechado.

Houbo xuízo telemático e a causa de Vitoria quedou sobresida. En decembro recibiu unha nova notificación de demanda desde Sevilla. A vista quedou fixada para marzo. O último episodio desta odisea comeza en Huelva, cun requirimento xudicial e remata con Jorge nos calabozos ferroláns.

As demandas chegan desde cidades distintas e con cada unha empeza desde cero. Nestes meses perdeu tempo, cartos e saúde.

Tamén critica os bancos pola facilidade coa que quen lle suplantou a identidade puido abrir varias contas correntes ao seu nome.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade