Publicador de contidos

Publicador de contidos

A transmisión da varíola do mono por vías respiratorias é moi limitada

A transmisión da varíola do mono por vías respiratorias é moi limitada

O xefe de enfermidades infecciosas do CHUS insiste en que a principal vía de contaxio é a sexual

As estratexias de vacinación vanse cinguir, en principio, ás persoas afectadas e os seus contactos

Un epidemiólogo da Organización Mundial da Saúde acaba de sinalar que se producirán miles de casos en Europa

G24.gal 28/05/2022 14:12 Última actualización 28/05/2022 19:37

Un caso confirmado en Galicia e 98 no total estatal é o balance provisional sobre a varíola do mono. A Organización Mundial da Saúde sinala que o gromo actual está impulsado pola intensificación da sociabilidade tras a covid-19 con eventos masivos.

Sabemos que se transmite por vía sexual e desde o Reino Unido alertan de que desenvolveu "unha nova habilidade para transmitirse polo aire". Pero non hai que caer no alarmismo:

"É dicir, por secrecións respiratorias. Pero para que haxa una infección por vías respiratorias debe haber un contacto cara a cara prolongado. Non significa que non exista esta posibilidade, pero é moito máis difícil ca co SARS-Cov2. Polo tanto, non imos ter unha explosión de casos tan importante como tivemos coa covid-19", sinala Antonio Antela, xefe de enfermidades infecciosas do CHUS.

Unha incógnita clave radica no alcance que terá o virus. Un epidemiólogo da OMS acaba de sinalar que se producirán miles de casos en Europa. Outros profesionais din que este gromo desaparecerá en pouco máis dun mes cunha política axeitada de illamento dos contaxios.

Outro debate céntrase no alcance dunha posible vacinación:

"Ata o momento o que se está facendo é ofrecer a vacina, polo menos no Reino Unido, ás persoas infectadas e aos seus contactos estreitos, aqueles que teñen que illarse tentando deter en pequenos grupos esa transmisión comunitaria", engade Antonio Antela.

A varíola común deuse por extinguida en Europa en 1980, hai 42 anos, e aí rematou a vacinación. Os que recibiron algunha dose antes desa data están protexidos ata nun 85 % con respecto a esta variante do mono.

Porén, voces expertas lembran que a vacinación xa diminuíra moito na década dos setenta e por iso aparecen casos en persoas maiores de 42 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar