Un espectador ten que salvar un concerto en Australia e a súa actuación faise viral en todo o mundo
Sterling Nasa, un mozo de 21 anos, deixou a butaca e tocou o piano antes centos de persoas
Imaxinen que mercan unhas entradas para un concerto de La La Land e pouco antes de comezar, o director informa de que non teñen pianista. Pois iso foi o que lles aconteceu aos asistentes do concerto que o director Justin Hurwitz ofreceu hai poucos días en Australia.
A mensaxe era clara: búscase un voluntario para salvar o concerto. Ao principio, ninguén daba o paso. Pero no segundo intento xa tiñan voluntario. Era un mozo de 21 anos chamado Sterling Nasa, que pasou de ser un descoñecido a ser viral nas redes sociais. O curioso é que el non quería, foron os seus amigos os que levantaron a man por el.
A súa actuación non só salvou a papeleta do director, Nasa sorprendeu coa súa habilidade no piano. Boa lectura da partitura, tonalidade correcta, escala adecuada e todo, sen ningún ensaio.
O director, gañador de dous premios Óscar, tívoo claro: atopábanse ante un mozo cunha gran habilidade e non dubidou en levantar unha ovación para el.
Nasa estuda Política e Estudos Internacionais na Universidade de Sidney e non ten pensado iniciar unha carreira na música, aínda que despois do vivido no concerto, pode darlle unha volta