Un dos dous condenados polo crime da Guardia Urbana recoñece a súa participación no asasinato
O obxectivo podería ser obter permisos penitenciarios
Rosa Peral, a outra condenada, estuda pedir a revisión do caso
Albert López, condenado a 20 anos de cárcere polo chamado crime da Guardia Urbana, recoñece agora dende a prisión a súa participación no crime. Polo tempo cumprido de condena, López está a piques de poder acceder a beneficios e o recoñecemento dos feitos facilitaríalle lograr permisos penitenciarios.
Albert López fora condenado xunto coa súa compañeira Rosa Peral polo asasinato da parella dela, Pedro Rodríguez, que tamén era membro do corpo da Guardia Urbana de Barcelona. Ningún dos dous acusados recoñecera a participación no crime ante os tribunais, e agora a outra condenada, Rosa Peral, estuda pedir a revisión da súa pena ante a confesión de López.