Restablecida a circulación de trens na liña Monforte Ponferrada
Un desprendemento obrigara a cortar a liña entre as estacións de Freixeiro e San Clodio

Un desprendemento de terra obrigou este xoves a cortar a circulación ferroviaria en Monforte entre as estacións de Freixeiro e San Clodio.
O accidente afectou os trens que circulan entre Monforte de Lemos e Ponferrada. Renfe sacou as persoas que ían nese tren e trasladounas en autobús ata León.
O persoal de Adif resolveu a incidencia a media tarde e a circulación quedou restablecida.
Está interrumpida la circulación entre San Clodio y Freixeiro debido a un desprendimiento de tierra sobre la infraestructura. Afecta a los trenes que circulan entre Monforte de Lemos y Ponferrada. Personal de Adif está trabajando para solucionar esta incidencia lo antes posible.
— INFOAdif (@InfoAdif) January 5, 2023