Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor que cuadruplicaba a taxa de alcolemia atropela tres maiores no Porriño

Un condutor que cuadruplicaba a taxa de alcolemia atropela tres maiores no Porriño

Falaban ás portas da vivenda dun deles cando un vehículo os levou por diante

Os feridos superan os setenta anos e tiveron que ser atendidos nun centro hospitalario

G24.gal 13/02/2023 13:56 Última actualización 13/02/2023 14:09

Sucedeu en Chenlo, no Porriño. Dúas mulleres e un home, todos veciños da parroquia porriñesa, falaban ás portas da vivenda dun deles, na beiravía, cando un vehículo os levou por diante.

O condutor tiña síntomas evidentes de embriaguez e case non se mantiña en pé diante dos axentes da Garda Civil que instruíron o atestado.

No control de alcoholemia cuadruplicou o máximo de alcol permitido en sangue. O condutor foi posto a disposición do xulgado.

As tres persoas feridas no sinistro superan os setenta anos de idade. Tiveron que ser atendidas nun centro hospitalario por mazaduras e feridas leves a previsión é que sexan dadas de alta nas próximas horas. A Garda Civil lembra que na seguridade viaria todos somos responsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade