Un condutor en sentido contrario choca contra catro coches no enlace da AP-9 en Vilaboa
O accidente sucedeu no ramal que conecta a PO-554 coa autoestrada de acceso á ponte de Rande e causou retencións
Non houbo que lamentar feridos como consecuencia do sinistro

Un condutor dun turismo que circulaba en sentido contrario chocou este domingo contra outros catro coches na conexión da PO-554, en Vilaboa, e a AP-9, no acceso á ponte de Rande, en Vigo.
Ata o lugar, informou Emerxencias, acudiron o 061, os axentes da Garda Civil e operarios do servizo de mantemento da estrada. Non houbo que lamentar feridos.
O suceso rexistrouse pasadas as sete da tarde e provocou retencións na ligazón da PO-554. A investigación determinará as causas do sinistro e se o causante deu un resultado positivo nas probas de alcoholemia.
O 112 precisa que as retencións non se rexistraron na propia AP-9, senón na conexión desde a PO-554 ata a ponte de Rande.