Un condutor circula 25 km en sentido contrario e chama ao 112 para pedir un control de alcoholemia
O home chegou á peaxe de Ordes e deu a volta ao decatarse de que non levaba cartos
Duplicaba a taxa de alcol permitida e tamén detectaron indicios de consumo de cocaína
Un condutor enfróntase a dous anos de cadea tras circular en sentido contrario pola AP-9 durante 25 quilómetros. E todo porque non tiña cartos para pagar a peaxe.
O investigado conducía en dirección Tui, e ao chegar á peaxe de Ordes decatouse de que non tiña cartos. Entón deu a volta, e empezou a circular cara á Coruña pero usando os mesmos carrís polos que viña, é dicir, en sentido contrario.
O asunto non acaba aí, porque ao chegar á seguinte peaxe o condutor decidiu parar e chamar ao 112 para pedir unha proba de alcoholemia. O resultado foi que duplicaba a taxa de alcohol permitida, e tamén detectaron indicios de consumo de cocaína.
A Garda Civil abriu unha investigación por un suposto delito contra a seguridade viaria. Terá que comparecer ante o xuíz, e enfróntase a penas de ata dous anos de cárcere.