Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un concerto de proba do Sensoxenoma22 deixa evidencia do impacto da música en 300 xenes

Un concerto de proba do Sensoxenoma22 deixa evidencia do impacto da música en 300 xenes

As conclusións son preliminares pero abren unha gran expectativa para o concerto experimental do día 30 no Auditorio de Galicia

G24.gal 20/09/2022 14:25

Presentáronse este mediodía no IDIS os resultados dun concerto de proba que se realizou en xuño e que recolleu mostras de máis de 100 persoas, entre enfermos de alzhéimer e os seus familiares. As conclusións son moi preliminares, pero abren unha grande expectativa cara ao gran concerto do Sensoxenoma22 que se vai celebrar o día 30 no Auditorio de Galicia. O que se demostrou é que a música se expresa en máis de 300 xenes e que o fai de xeito distinto en 100 deles no caso dos enfermos de alzhéimer.

"Temos unha colección de máis de 300 xenes que están relacionados coa música, e existen evidencias suficientes e contrastadas, que evidencian que teñen relación con algun aspecto da musicalidade e que, deses xenes, máis de cen están diferencialmente expresados en casos de alzhéimer", explicou Antonio Salas, investigador do IDIS e promotor do proxecto.
 

Acharon unha expresión diferente entre persoas sas e pacientes de alzhéimer, e ourtra tamén distinta entre músicos e público. Unha introdución alentadora previa a un concerto experimental en que se examinara o impacto da música no xenoma humano e que se financia, de momento, con fondos propios.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade