Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche derruba o peche dunha casa nunha curva perigosa no Páramo

Un coche derruba o peche dunha casa nunha curva perigosa no Páramo

 Os residentes reclaman medidas para evitar un sinistro grave neste punto negro

Félix Aragunde 01/02/2023 13:24

Un turismo saíu da vía e bateu contra o peche dunha casa, que quedou desfeito. O accidente tivo lugar en Agreimonde, no concello do Páramo, ao carón do límite coa Pobra de San Xiao, en Láncara. 

Trátase dunha curva perigosa onde os veciños sinalan que son frecuentes este tipo de sinistros. De feito, tanto neste inmoble coma no resto das vivendas da contorna xa teñen impactado máis vehículos nos últimos anos.

A pesar da aparatosidade do choque, neste último accidente o condutor saíu ileso. Para evitar que chegue a producirse un sinistro grave, os residentes na contorna reclaman que se tomen medidas, como a mellora da curva, da sinalización ou das varandas de protección.

Agás a casa contra a que bateu o coche, o resto das vivendas deste punto negro están habitadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade