Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche bate co portal dunha casa e contra outro vehículo aparcado dentro

Un coche bate co portal dunha casa e contra outro vehículo aparcado dentro

Todo parece indicar que o condutor quedou sen freos

G24.gal 16/11/2022 21:35

Nunha vivenda de Tameiga, en Mos, aínda se recuperan do susto. Un coche levou por diante o portal de acceso á propiedade e bateu contra o coche aparcado no interior baixo un cuberto.

O vehículo implicado circulaba pola vía de servizo da autovía entre Vigo e O Porriño. A Garda Civil investiga as causas do sinistro. Os afectados din que non é a primeira vez que un condutor desorientado acaba na vía sen saída onde está a vivenda, porén todo parece indicar que quedou sen freos.

Afortunadamente todo quedou nun susto que puido ter consecuencias graves.

O condutor do vehículo era un home de setenta e cinco anos que viaxaba coa súa muller. Os dous mancáronse levemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade