Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cliente dun bar en Ferrol tira un petardo na terraza e provócalle feridas leves a outro cliente

Un cliente dun bar en Ferrol tira un petardo na terraza e provócalle feridas leves a outro cliente

Os empregados do bar chamáronlle a atención e o home, que xa foi identificado pola policía, encarouse con eles

Imaxe da terraza do bar situado na avenida de Esteiro, en Ferrol
G24.gal 18/06/2026 13:22

Aínda quedan restos na terraza do bar, do artefacto que na tarde deste mércores provocou momentos de tensión e pánico neste barrio ferrolán de Esteiro.

Eran ao redor das 8 do serán. As mesas estaban ocupadas por clientes e pola rúa paseaban viandantes cando un individuo que estaba sentado nesta mesa detonou un petardo de gran potencia. As testemuñas pensaron que era unha bomba pola potencia da explosión.

Como consecuencia do estourido, un cliente do bar que estaba na terraza sufriu feridas leves nunha perna e algún dano auditivo, polo que tivo que ser atendido no Hospital Arquitecto Marcide.

Os empregados do bar chamáronlle a atención ao individuo que lanzou o petardo e, lonxe de desculparse, encarouse con eles. Avisaron entón a policía e acudiron varias patrullas da Local e da Nacional. Mentres, o individuo marchou, pero os axentes xa lograron identificalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade