Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un centenar de coches históricos participan nunha nova edición do Rally Rías Altas

Un centenar de coches históricos participan nunha nova edición do Rally Rías Altas

G24.gal 29/09/2023 21:05 Última actualización 29/09/2023 21:30

Son coches fabricados antes dos anos 80, 90 e 2000. En total participan un cento, que así, clasificados por idades, compiten nunha nova edición do Rally Rías Altas de vehículos históricos.

"Hai unha afección importante e de feito hai moitos pilotos e equipos que están participando neste rallie que son desta zona", comenta Germán Castrillón, coordinador do rally. 

Unha afección que se xuntou na tarde deste venres en María Pita para ver a saída da proba. A carreira decorrerá un ano máis polos concellos de Betanzos, Vilarmaior, Paderne ou Irixoa, entre outros, rememorando así algúns dos treitos dos históricos rallies que se celebraban na comarca nos anos 80 e 90 do século pasado.

 "Con esa filosofía naceu hai nove anos esta competición tal e como indica Germán Castrillón: "Especialmente para recuperar treitos tradicionais como era o treito de Doroña, Velouzás ou de Aranga". 

Tras a disputa da proba, puntuable para o Campionato de España, a praza de María Pita acollerá de novo a entrega de trofeos. Será este sábado a partir das catro da tarde.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar