Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cemiterio de Paradela, o único con todas as súas lápidas en galego

Un cemiterio de Paradela, o único con todas as súas lápidas en galego

Algúns concellos estudan poñer en marcha unha liña de axudas para quen utilice o galego nas sepulturas

G24.gal 01/11/2021 21:52

Nunha fermosa paisaxe as beiras do río Miño atopamos o conxunto de San Facundo de Ribas do Miño. Un monumento de interese turístico nacional que ademais, como particularidade, acolle o único cemiterio de Galicia que ten tódalas súas lápidas en galego.

A finais do século pasado renovouse por completo esta zona e foron os arquitectos encargados da reforma os que propuxeron esta idea. Os veciños acollérona de bo agrado, e así naceu este camposanto senlleiro nunha parroquia na que hoxe apenas quedan xa veciños.

Toda unha excepción ao panorama que atopamos no resto de Galicia, onde hoxe en día, segundo algunhas estimacións, apenas atopamos unha de cada 1.000 lápidas con inscricións en galego. Por iso nalgúns concellos, como o de Lugo, estudan xa poñer en marcha unha liña de axudas que anime aos cidadáns a utilizar a nosa lingua nas sepulturas dos seus seres queridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade