Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un carril da N-640 permanece cortado en Lugo ante o risco de derruba dunha casa

Un carril da N-640 permanece cortado en Lugo ante o risco de derruba dunha casa

A Policía Local instalou unhas barreiras diante do inmoble ata a metade da estrada, co conseguinte trastorno para o tráfico

Os condutores denuncian a escasa visibilidade das barreiras, en especial pola noite
Félix Aragunde 15/12/2025 13:36

Unhas barreiras impiden o paso por un dos carrís da N-640 diante dunha casa en ruínas no barrio lugués da Fervedoira. A Policía Local tomou esta medida ante o risco de que a fachada do inmoble caia sobre a estrada. Como resultado, dende hai días estase a ver afectada a circulación de vehículos neste tramo dunha das principais entradas á cidade.

"Hai un veciño que denuncia que está a punto de caer, veñen, cortan un carril e agora temos un carril cortado, cando os expedientes destas casas en ruínas xa había que facelos hai anos, sen esperar a agora", sinala Fernando Rois, voceiro da asociación veciñal Lugo Rural Importa. 

Segundo os donos da casa en ruínas, o inmoble vai ser apuntalado. Non é o único nun barrio onde a veciñanza leva anos demandando melloras coma a construción de beirarrúas, polo menos nunha das marxes da estrada.

"Nós levamos demandado que a entrada a Lugo non pode estar abandonada, como está. Moitas das casas están abandonadas e temos este problema. En calquera momento caerá unha casa destas á estrada e esperemos que non haxa unha desgraza. Durante moitísimos anos levamos denunciando que esta entrada a Lugo é nefasta e que temos que cambiar isto", engade Rois. 

Unha vez rematada a nova estación intermodal, espérase que se incremente o tráfico de autobuses por esta entrada a Lugo. Neste sentido, dende a Deputación provincial anunciaron que asumirán o custo íntegro do seu arranxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos