Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camioneiro de Lugo sae ileso tras envorcar o seu tráiler na A-231 na provincia de León

Un camioneiro de Lugo sae ileso tras envorcar o seu tráiler na A-231 na provincia de León

O sinistro obrigou a cortar durante varias horas a autovía e a desviar o tráfico pola Nacional 120

Camión envorcado na A-231 Camión envorcado na A-231
G24.gal 10/03/2025 11:53

Un camioneiro de Lugo sufriu un accidente na autovía Camiño de Santiago en León. Trátase dun camión frigorífico que envorcou ocupando os dous carrís da vía en sentido Burgos e obrigando a desviar o tráfico pola Nacional 120.  

Aínda que polas imaxes pareza difícil,  afortunadamente o condutor saíu ileso do accidente.  O suceso tivo lugar pouco despois das catro da mañá do domingo e foron precisas varias horas de intervención ata poder retirar da autovía o tráiler. A envorcadura puido deberse á somnolencia do condutor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade