Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión que transportaba polos sofre un aparatoso accidente en Ourense

Un camión que transportaba polos sofre un aparatoso accidente en Ourense

Saíu da vía na N-120 e perdeu parte da carga, pero o condutor non precisou asistencia médica

G24.gal 04/11/2022 12:02

Aparatoso accidente o acontecido esta madrugada en Ourense. Sucedeu sobre as dúas da mañá. Un camión, que transportaba polos, saíu da estrada cando circulaba pola nacional 120, por razóns que se investigan.

O condutor non precisou asistencia médica malia que caeu por un noiro, á altura da praia fluvial da Antena. O que perdeu foi parte da carga.

Os operarios lograron retirar o vehículo sen necesidade de guindastre e recuperáronse parte dos polos, a maioría logrou sobrevivir ao impacto.

O accidente obrigou a cortar a vía durante un tempo, pero xa se restableceu a circulación despois de importantes retencións ao longo das primeiras horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade