Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un cadro de Velázquez, por primeira vez en Galicia

Un cadro de Velázquez, por primeira vez en Galicia

O Museo Provincial de Lugo expón 'Sibila', pertencente á colección estable do Prado

Félix Aragunde 10/06/2024 21:05 Última actualización 10/06/2024 21:17

Xa está en Lugo Sibila, unha obra dun dos máis grandes artistas de todos os tempos. O cadro, que representa unha figura feminina de perfil cunha táboa na man esquerda, foi realizado por Diego Velázquez sobre o ano 1630, na mesma época en que pintara A fragua de Vulcano.

O lenzo do pintor sevillano, que se expón xa neste Museo Provincial de Lugo, forma parte da colección estable do Prado. Chegou aquí no marco dun proxecto cultural denominado A arte que conecta.

Víctor Cageao, coordinador de conservación do Museo do Prado: "Son obras moi importantes, expostas a diario nas salas do Prado. Entre elas, esta 'Sibila', unha obra da xuventude de Velázquez".

Dos 18 museos que participan neste proxecto en todo o ámbito estatal, o de Lugo é o único galego. Dáse a circunstancia, ademais, de que esta obra dun xenio universal como é Velázquez nunca antes fora exhibida en Galicia.

Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo: "Hai antecedentes que falan da relación histórica que tivo o Museo Provincial de Lugo dende a súa creación. No 33, o director xa se carteaba co director do Prado para pedir fondos para as coleccións fundacionais".

Sibila poderá admirarse no principal museo lucense ata o vindeiro 7 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade