Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un Breogán sen recursos perde con estrépito en Gran Canaria (86-60)

Un Breogán sen recursos perde con estrépito en Gran Canaria (86-60)

Os locais sempre foron por diante no encontro, fuxindo definitivamente no 3º cuarto

Foto: EFE
G24.gal 30/12/2023 22:21

O Breogán non é quen de deixar atrás a súa crise de resultados e de xogo na Liga ACB. Con so catro triunfos, segue a ocupar un posto de descenso. Pero o peor son as sensacións. Caeu no Gran Canaria Arena nun encontro en que non pareceu ter opcións de vitoria en ningún momento. Cedeu os tres primeiros parciais e, agás no espellismo do segundo, con 25 puntos anotados, con moitas dificultades para sumar puntos.

Desde o 3-4 inicial, os de Mrsic apañaron un 14-0 que os deixou tocados para todo o partido. O cuarto pechou cun 22-10 e 10 puntos de Slauguter.

No segundo cuarto, o Breogán si foi quen de anotar, con 8 de Rudan e 6 de Polite. Pero os canarios respondían levando o parcial por 28-25 e 12 de Shurna.

Logo do descanso, o Breogán veuse abaixo definitivamente. So meteu 9 puntos no terceiro cuarto, para quedar totalmente sen opcións.

O último cuarto so serviu para ver os primeiros 7 puntos de McLemore Tamén acabou con 8 Nakic, que tamén disputaba o seu primeiro partido.

O Gran Canaria sela o pasaporte copeiro, e o Breogán segue con catro triunfos, agardando pola necesaria mellora no xogo e nas sensacións.

Tras o partido, Mrsic admitiu que os 20 balóns perdidos polos seus foron "demasiados", e decidiron o resultado polo tiro de 3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos