Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Breogán lastrado nas triplas apaña a sétima derrota en Badalona

Un Breogán lastrado nas triplas apaña a sétima derrota en Badalona

Os lugueses mantivéronse no choque en todo momento cun gran acerto nos tiros libres, pero acabaron cedendo

Foto: EFE
G24.gal 27/12/2025 22:56

O Breogán tivo todas as opcións de vitoria nun partido cheo de alternativas en Badalona. Pero acabou lastrado pola falta de acerto desde a liña de tres, cun 4 de 25 que o deixou sen opcións no momento decisivo.

Logo duns primeiros minutos igualados, con vantaxe local de 12-8 a catro minutos do remate do primeiro cuarto, chegou o primeiro gran parcial do Breogán. Un parcial de 1-10 que so puido maquear Tomic con catro puntos antes do remate, que deixaron unha vantaxe mínima de 17-18, lixeiramente lastrada polas cinco triplas erradas polos lugueses.

Volveu entrar mellor o cadro de Luis Casimiro no segundo cuarto, e forzou o tempo morto con 20-26 no marcador. Reaccionaron os locais, cunha tripla que deixaba o encontro en 27-28, cos lugueses aínda á espera de anotar de tres.

Un parcial de 7-0 culminaba a remonta do Joventut, e reaccionaba o Breogán cunha canastra de Brankovic. Pero a recta final desta primeira metade constatou o mal día do Breogán coas triplas, cun 0/9 que axudou ao Joventut a marchar con vantaxe aos vestiarios (43-35). Iso si, Andric anotaba de tres antes do descanso para deixar a estatística en 1/10.

Na segunda metade mantívose a tendencia, co Breogán xa algo máis atinado nas triplas. E cunha reacción final cun parcial de 1-11 que lles permitiu aos lugueses igualar outra vez o marcador: 54-54 ao remate do parcial.

Con Mavra ao mando das operacións (12 puntos ata ese momento) o Breogán comezou con vantaxe o último cuarto. Pero era un encontro de alternativas, e un parcial de 6-0 para os locais volveu obrigar a remar aos galegos. Nese treito resultou chave o acerto dos galegos nos tiros libres, acabarían cun 21 de 24 que lles permitía manterse no ronsel dun Joventut que sumaba 7/16 nesta sorte.

Pero non aqbondaba. Tomic anotou dous tiros libres para lanzar aos seus seis puntos por riba. E a estocada chegou a mans de Hakanson, con dous tiros libres a outra canastra que deixaban un 78-72 case definitivo. Hunt encargouse de certificar a sétima derrota dos breoganistas na temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade