Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Breogán imparable no último cuarto esnaquiza o Fuenlabrada (97-89)

Un Breogán imparable no último cuarto esnaquiza o Fuenlabrada (97-89)

O equipo madrileño mandaba por 70-75 (m.33), pero apareceu a mellor versión do equipo lucense para sumar un novo triunfo

Musa (25 puntos, 39 de valoración) volveu marcar a diferenza

G24.gal 27/12/2021 20:28

O Río Breogán sufriu durante 33 minutos, pero acabou sentenciando a Fuenlabrada cun último cuarto sensacional. Outra vez Musa dirixiu a orquestra breoganista que acabou por gañar o partido por 97-89.

A saída de Fuenlabrada resultou inmellorable. Da man de Cheatam (7 puntos nos primeiros minutos) colleu o mando do partido e manexou vantaxes de ata 6 puntos (8-14). Ao equipo de Olmos custoulle entrar no partido pero en canto apareceu Musa todo mudou e malia o desacerto no tiro exterior (0/9 en triplas) equilibrou o partido (20-20). 

A saída do Breogán no segundo cuarto foi contundente cun parcial de 9-3 culminado cunha tripla de Kalinoski. Chegou a ter un +8 (31-23) pero foise catro minutos do encontro e Fuenla aproveitou para facer un parcial de 0-12 que lle devolveu a vantaxe. Ao descanso, máxima igualdade co Breogán por diante por un só punto (42-41) por culpa dun Alexander imperial no conxunto visitante. 

 

Paco Olmos Atrévese a soñar coa Copa: "O obxectivo real é a permanencia pero todas as vitorias (levan 8) ábrennos a porta a un soño".

 

 

No terceiro cuarto Fuenlabrada volveu entrar mellor, outra vez grazas a Cheatam (8 puntos neste período). O partido movíase en diferenzas mínimas a prol dos madrileños e con intercambios espectaculares de triplas ata que apareceu Lukovic para devolver a vantaxe ao Breogán (66-65). 

Pouco durou porque o equipo visitante entrou no derradeiro cuarto por diante (70-75, m33) pero o Breogán tirou de garra e cun parcial de 15-2 comezou a decidir o partido (m37, 85-77). Unha tripla de Dzanan Musa (90-81), unha vez máis decisivo con 25 puntos e 39 de valoración, acabou por tombar a resistencia de Fuenlabrada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade