Cargando resultados...
Un ano e tres meses de cárcere para o profesor da USC que vexou dúas alumnas
A condena é pola agresión a dous policías municipais

G24.gal
28/09/2022 19:01
Condenado a un ano e tres meses de prisión o profesor da Universidade de Santiago Luciano Méndez Naya, que fora apartado das clases por vexar dúas alumnas.
A condena corresponde a unha agresión por parte de Méndez Naya a dous policías nacionais fronte á comisaría de Santiago, en xuño de 2018.
O profesor de Matemáticas deberá indemnizar ademais un dos axentes polas lesións que lle causou.