Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo suma catro meses sen gañar tras perder en Xixón (3-1)

O Lugo suma catro meses sen gañar tras perder en Xixón (3-1)

A próxima xornada recibirá no Anxo Carro o Andorra

G24.gal 01/05/2023 18:00 Última actualización 01/05/2023 18:32

Era un partido con urxencias para o Sporting ante un Lugo xa descendido. O equipo de Xixón gañou por un claro 3-1, alcanza os 48 puntos e case garante a permanencia.

O equipo lugués segue afundíndose cada vez máis e batendo marcas negativas: leva catro meses sen gañar. A próxima xornada recibira no Anxo Carro ao Andorra coa intención de lograr un triunfo neste 2023.

O único tanto galego marcouno Xavi Torres cando o Sporting gañaba por un claro 3-0.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar