Cargando resultados...
Un acto festivo e un Congreso reivindican o legado do Seminario de Estudos Galegos
O congreso 'Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos' fará balance do centenario da institución
“O SEG é o momento de fundación do campo disciplinar dos estudos galegos”

G24.gal
20/09/2023 14:47
O 12 de outubro de 1923 un grupo de estudantes da Universidade de Santiago camiñaron xuntos ata a casa de Rosalía de Castro en Ortoño. Esa andaina derivou na creación do Seminario de Estudos Galegos (SEG).
Cen anos despois, diferentes entidades repiten aquel percorrido cun acto festivo aberto á cidadanía. É un dos actos centrais que conmemora o centenario do SEG, o outro, o congreso 'Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos', que revisará o seu legado.