Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un acertante da Bonoloto en Lalín gaña máis de dous millóns de euros

Un acertante da Bonoloto en Lalín gaña máis de dous millóns de euros

O único boleto premiado da primeira categoría logra 2.006.982 euros

Foi validado na administración de lotarías número dous da localidade pontevedresa, situada na praza da Mariña

Administración número 2 de Lalín onde se validou o boleto afortunado con máis de dous millóns de euros
G24.gal 02/04/2023 22:31 Última actualización 03/04/2023 13:27

Histórico premio da Bonoloto en Lalín. Un acertante no sorteo celebrado onte selou o seu boleto nunha administración da capital do Deza e ingresará nada menos que 2 millóns de euros na súa conta. Polo momento todo son especulacións, nada se sabe do afortunado.

Investiu 3 euros e medio e recibirá algo máis de 2 millóns. O único acertante da combinación gañadora do sorteo da Bonoloto de onte selou o seu boleto nesta administración de Lotería de Lalín, na praza da Marina. Manuel, o propietario, sóuboo onte á noite e agarda ansioso a visita do agraciado ou agraciada.

Manuel entende que talvez o afortunado prefira manterse no anonimato, malia que un premio así sexa difícil de agochar. Pasoulle recentemente con outro agraciado ao que lle tocaron 50.000 euros e pediulles discreción.

Moitos clientes achegábanse esta mañá para comprobar os seus boletos. Ningun recoñeceu ser o afortunado, aínda que estaban alegres porque o premio quede na vila.

Polo momento son todo especulacións, pero os loteiros cren e confían que o afortunado ou afortunada pode ser algunha familia ou membro da comunidade educativa dalgún dos centros escolares que hai na contorna da administración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade