Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ultranoite Cultureta de Chévere para o Culturgal esgota as entradas

A Ultranoite Cultureta de Chévere para o Culturgal esgota as entradas

O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra encheuse para ver o espectáculo preparado para esta cita

Bibopalula, a nova serie infantil da Galega, celebra o seu lanzamento na feira este domingo

G24.gal 30/11/2024 21:43 Última actualización 30/11/2024 22:27

O Culturgal celebrou o seu segundo día de feira en Pontevedra cunha chea de actividade dirixida ao público xeral, tamén aos profesionais e con actuacións musicais e escénicas. A última, coas entradas esgotadas, a Ultranoite Cultureta do Grupo Chévere.

Nova xornada da Feira das Culturas Galegas, onde conflúen artistas, xestores, público, institucións e empresas do sector. Ademais das visitas aos expositores, actividades infantís e profesionais, para este serán estaban reservadas algunhas das actuacións que o público non quixo perder. 

Un auditorio cheo agardaba para presenciar un divorcio conflitivo: o da industria e a cultura que o grupo Chévere casou nunha das primeiras edicións deste Culturgal hai 16 anos. Agora, na Ultranoite Cultureta, tratarán de comprobar se foi un amor imposible ou matrimonio de conveniencia. 

O domingo pola mañá, unha bandada de paxaros sorprenderá os máis cativos da feira. Xa se poden coñecer na plataforma do Xabarin.gal, pero en Pontevedra farase o lanzamento da nova serie infantil Bibopalula, producida por Undodez e a TVG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade