Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xefe do grupo Wagner recoñece 20.000 mortos nas súas filas na batalla de Bakhmut

O xefe do grupo Wagner recoñece 20.000 mortos nas súas filas na batalla de Bakhmut

O xefe do grupo Wagner recoñece 20.000 mortos nas súas filas

Prigozhin retira os seus mercenarios e cede as posicións ao exército regular ruso

Houbo un intercambio de prisioneiros no que foron liberados 106 soldados ucraínos

G24.gal 26/05/2023 09:20 Última actualización 26/05/2023 09:34

A batalla por Bakhmut semella ir achegándose á súa fin cun saldo dramático. O xefe do grupo Wagner, Prigozhin, recoñece vinte mil mortos entre os seus combatentes. Agora están en retirada, cedendo as súas posicións ao exército regular ruso.

Nestas últimas horas tamén houbo un intercambio de prisioneiros. O goberno de Kíiv dixo que xa están nun lugar seguro 106 soldados do seu exército que loitaron en Bakhmut. As imaxes que temos mostran a Prigozhin cos presos ucraínos momentos antes de seren liberados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade