Cargando resultados...
Ukestra do medio: "É moi galego o contraste de cantar cousas tristes pero con música luminosa"
Histórias cativas é o terceiro disco da Ukestra do Medio
A Ukestra do Medio son Kátia Mera, César Parcero, Alberte L.C., Yolanda Porto e Soni
Kátia e Yolanda, músicas da Ukestra do Medio
G24.gal
10/06/2022 17:04
Ukestra do medio nacen no 2013, ao principio case como un divertimento, facendo versións de cancións emblemáticas co ukelele como principal son. Agora, case unha década despois, preséntannos historias cativas, un retrato xeracional con postais musicais que van do surf ao rock, pasando polo country.