Cargando resultados...
'Ser Noutras', diálogos con obras galegas da colección do Reina Sofía
O propio espazo que acolle a exposición é un deseño da escenógrafa Marta Pazos inspirado na obra de Maruja Mallo
Verónica Santos, cocomisaria desta mostra da Cidade da Cultura, sinala os camiños dun conxunto de "obras únicas"
G24.gal
21/11/2026 15:30
Última actualización 20/11/2026 21:44
O Museo Gaiás trouxo prestadas á Cidade da Cultura preto de 40 obras de arte galega pertencentes á colección do Reina Sofía. A partir delas, outros artistas de Galicia crearon novas obras.
Os diálogos entre unhas e outras pezas conforman a exposición titulada 'Ser Noutras', un baile de miradas, un xogo de espello e de arte contemporánea.