Ucraína compara a invasión rusa actual co Holodomor
Zelenski organiza un cumio en Kíiv para levar gran ucraíno aos países máis vulnerables
Volodímir Zelenski organizou un cumio en Kíiv para promover a entrega de gran ucraíno aos países máis vulnerables á fame e á seca.
O encontro coincidiu co día en recordo do Holodomor, a fame negra provocada na era de Stalin entre o pobo ucraíno, que Zelenski comparou coa situación actual do país.
Tamén o fixeron algúns dos participantes na reunión, como o primeiro ministro de Polonia, que subliñou que en lugar de loitar contra soldados, Rusia provoca a morte, a fame e a hipotermia dos civís.
Desde Alemaña, Scholz subliñou que non se pode tolerar que a fame volva usarse como arma. Mentres, a guerra segue. As autoridades de Dnipró denunciaron que Moscova disparou mísiles de alta precisión contra residencias privadas da cidade.
Os primeiros ministros de Polonia e Lituania asinaron un compromiso con Kíiv para intensificar o debate sobre o ingreso de Ucraína na OTAN e na Unión Europea.