Ucraína ataca o cuartel xeral da frota do mar Negro en Crimea
Ucraína ataca o cuartel xeral da frota do mar Negro en Crimea
Rusia recoñeceu danos no edificio e que hai un soldado desaparecido
Ucraína deu as grazas aos seus pilotos polo ataque e advertiu que haberá máis

Un mísil lanzado por Ucraína impactou este venres no edificio do cuartel xeral da Frota rusa do Mar Negro, situado en Sebastopol, na península de Crimea. O Ministerio de Defensa de Rusia recoñeceu danos no edificio e que un soldado permanece desaparecido.
Ucraína deu as grazas aos seus pilotos polo ataque e advertiu que haberá máis. As tropas de Zelenski atacan a diario obxectivos militares rusos no mar Negro.
O gobernador imposto por Rusia na cidade portuaria de Sebastopol, Mijaíl Razvozháev, asegurou que, en principio, a infraestrutura civil arredor do edificio danado non sufriu danos nin tampouco houbo feridos entre os cidadáns que se atopaban na rúa no momento do impacto.
O gobernador de Sebastopol explicou que os traballos de extinción do incendio no cuartel xeral da frota do mar Negro continúan.