Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UCGAL denuncia que Renfe non aplica os descontos de familia numerosa

A UCGAL denuncia que Renfe non aplica os descontos de familia numerosa

A asociación de consumidores afirma que non é posible acceder aos descontos para colectivos vulnerables 

Renfe asegura que pode tratarse de "problemas puntuais" no sistema de vendas

 

G24.gal 12/01/2023 14:50

As queixas de múltiples viaxeiros nos últimos 3 meses fixeron saltar as alarmas da Unión de Consumidores de Galicia, que decidiu comprobar se había problemas en Renfe para acceder aos descontos para maiores e familias numerosas.  

"Probamos ata dezasete veces a concertar uns billetes con desconto e non foi posible", explica Miguel López, o Secretario xeral da UCGAL.

Probaron a mercar os billetes en dous días diferentes, en liña e co persoal da estación, pero afirman que non lograron acceder ao desconto e a única opción que lles deron foi pagar o billete íntegro e reclamar a devolución.

"Están impedindo que viaxe esa persoa nas condicións ás que ten dereito. Por suposto que pode mercar o billete como calquera pero non é lóxico ter que adiantar os cartos dun beneficio recoñecido legalmente", lamenta Miguel López.

Renfe, pola súa banda, asegura que non está denegando dereitos a ningún colectivo e fala de incidencias puntuais no sistema de vendas. O que si recoñecen é un problema que xa detectaran hai tempo as familias numerosas.

"Detectamos problemas con carnés que veñen doutras autonomías e se renovan aquí porque non coincide o número do título nas cifras da provincia", explica José Manuel Trigo, o vicepresidente da Asociación galega de familias numerosas.

Nestes casos cómpre cambiar o díxito da provincia de expedición polo da provincia de renovación, para que o sistema permita que o viaxeiro compre o billete co desconto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade