Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump subirá os aranceis do aceiro e o aluminio do 25% ao 50% a partir do 4 de xuño

Trump subirá os aranceis do aceiro e o aluminio do 25% ao 50% a partir do 4 de xuño

Asegura que nun principio pensou en incrementar estes gravames ao 40 % pero executivos da industria pedíronlle que os subise ao 50 %

A Comisión Europea prepárase para responder aos aranceis de Donald Trump

Elon Musk di que deixa a Casa Branca pero seguirá asesorando a Trump

Trump, durante a súa visita a unha empresa de aceiros en Pennsylvania (REUTERS/Leah Millis)
G24.gal 31/05/2025 07:58 Última actualización 31/05/2025 20:51

O presidente estadounidense, Donald Trump, informou este venres de que a subida dos aranceis ao aceiro do 25 % ao 50 % entrará en vigor o vindeiro mércores 4 de xuño, e aclarou que o incremento tamén aplica ao aluminio.

"É para min unha gran honra elevar os aranceis sobre o aceiro e o aluminio do 25 % ao 50 %, con efecto a partir do mércores 4 de xuño. As nosas industrias de aceiro e aluminio están a volver como nunca antes", escribiu o mandatario na súa rede social Truth Social.

E agregou que esta será "outra gran sacudida de grandes noticias para os nosos marabillosos traballadores" da industria.

O líder republicano anunciou o incremento dos gravames nun mitin que tivo lugar nunha fábrica de U.S. Steel en Pittsburgh (Pensilvania), na que se centrou en celebrar a alianza á que deu luz verde o pasado 23 de maio, entre a acería xaponesa Nippon Steel e a estadounidense U.S. Steel.

"Imos aumentar os aranceis sobre o aceiro nos Estados Unidos do 25 ao cincuenta por cento, co que protexeremos aínda máis a industria siderúrxica estadounidente, ninguén o vai evitar", asegurou diante de centos de traballadores de US STEEL, en proceso de venda a unha competidora xaponesa.

Segundo o presidente, nun principio pensou en incrementar estes gravames ao 40 % pero executivos da industria pedíronlle que os subise ao 50 %.

O anuncio de Trump ten lugar apenas un día despois de que unha Corte de Apelacións levantase o bloqueo do Tribunal de Comercio Internacional de boa parte da política arancelaria de Trump sobre as importacións de numerosos países.

"Estamos recibindo miles de millóns de dólares en aranceis e outras cousas; e estamos mantendo a raia os nosos competidores. Agora mesmo temos o páis máis destacado do mundo, e hai seis meses tiñamos un país que morría", engadiu 

Este bloqueo non afectaría aos gravames ao aceiro senón aos anunciados o 2 de abril, que consisten nun arancel global do 10 % para practicamente todos os socios comerciais dos EUA.

Ademais, tamén bloquearía a unha proporción -que quedou conxelada ata xullo para asinar acordos- que varía segundo o país, en función de déficits e volumes comerciais, e que a Casa Branca etiquetó como "aranceis recíprocos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade