Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Comisión Europea prepárase para responder aos aranceis de Donald Trump

A Comisión Europea prepárase para responder aos aranceis de Donald Trump

Trump anuncia aranceis do 50 por cento ao aceiro e ao aluminio a partir do próximo mércores

Donald Trump anuncia novos aranceis diante dos traballadores dunha siderurxia de Pensilvania
G24.gal 31/05/2025 20:35

A Unión Europea lamenta moi profundamente os aranceis do cincuenta por cento ao aceiro anunciados polo presidente norteamericano este venres durante unha visita a unha siderurxia de Pensilvania. Donald Trump asegurou que os novos impostos á importación serán efectivos a partir do próximo mércores, día catro de xuño. O mandatario estadounidense engadiu logo nas súas redes sociais que os novos aranceis do 50 por cento afectarán tamén ao aluminio. 

A Comisión Europea anuncia medidas contra os aranceis a partir do 14 de xullo

Voceiros da Comisión Europea afirman que, se non hai solucións mutuamente aceptables nas conversas previstas para a próxima semana, adoptarán contramedidas a partir do catorce de xullo, ou antes se as circunstancias o requiren. 
A Comisión reitera que Europa xa se viu afectada en tres ocasións nos últimos meses polos aranceis decretados unilateralmente por Donald Trump, que engaden incerteza á economía mundial e incrementan os custos para empresas e consumidores.
O anunciado incremento dos aranceis ao aceiro, que pasarían do 25 ao 50 por cento, afectaría de xeito especialmente grave ao sector da construción.

O enfrontamento entre a UE e os EUA pendente das conversas e dos xuíces norteamericanos

A batalla entre os aranceis norteamericanos e as posibles contramedidas europeas queda agora pendente das conversas, que se desenvolverán en París o martes ou o mércores que vén, e das decisións dos xuíces estadounidenses sobre a legalidade das decisións de Donald Trump.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade