Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump ordena reabrir Alcatraz para encerrar delincuentes violentos e inmigrantes

Trump ordena reabrir Alcatraz para encerrar delincuentes violentos e inmigrantes

O presidente dos EUA pretende converter a illa de San Francisco nunha prisión de máxima seguridade

Alcatraz pechou en 1963 por mor dos altos custos de mantemento

 

Imaxe de arquivo da illa de Alcatraz. REUTERS. Stephen Lam. Imaxe de arquivo da illa de Alcatraz. REUTERS. Stephen Lam.
G24.gal 05/05/2025 15:47

O presidente estadounidense, Donald Trump ordena reabrir e ampliar a prisión de máxima seguridade de Alcatraz, situada fronte á costa de San Francisco (California), para internar os delincuentes “máis violentos” do país.

A través da súa conta na rede Truth Social, Trump explicou que instruiu a Oficina Federal de Prisións, en coordinación co Departamento de Xustiza, o Departamento de Seguridade Interna e o FBI, para poñer en marcha os traballos de rehabilitación da antiga prisión federal, que funcionou entre 1934 e 1963.

“Xa non toleraremos eses delincuentes reincidentes que sementan podremia, sangue e caos nas nosas rúas”, afirmou o mandatario.

Alcatraz pechou hai máis de 60 anos, oficialmente por mor dos elevados custos de mantemento, estimados entre 3 e 5 millóns de dólares anuais. O seu peche produciuse un ano despois da famosa fuga de tres reclusos.

Dende entón, a illa de 2,01 km² converteuse nunha das principais atraccións turísticas de San Francisco.

Reaccións ás propostas sobre inmigración

Trump xa suxerira en xaneiro a posibilidade de reabrir Alcatraz. Agora, na súa nova mensaxe, tamén suxire que a prisión podería acoller inmigrantes indocumentados con antecedentes criminais.

“Non seremos reféns de criminais, matóns e xuíces que temen facer o seu traballo e non nos permiten expulsar delincuentes que entraron ilegalmente no noso país”, sinalou.

O presidente leva meses protestando polas sentenzas xudiciais que impediron o traslado de inmigrantes con supostos antecedentes ao Centro de Confinamento do Terrorismo (Cecot) no Salvador. En marzo, o seu Goberno enviou máis de 200 inmigrantes, na súa maioría venezolanos, ao Cecot, acusándoos de pertencer á banda Tren de Aragua. Esta decisión xerou múltiples demandas por violacións constitucionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade