Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albares anuncia un novo apoio á misión da ONU en Gaza

Albares anuncia un novo apoio á misión da ONU en Gaza

España achegará medio millón de euros máis para investigar as violacións de dereitos humanos

O ministro de Exteriores esixe a Israel que permita a entrada de axuda humanitaria

G24.gal 05/05/2025 11:50

O ministro de Exteriores insiste en que a situación en Gaza é "inaceptable" e pediu dignidade e paz para os cidadáns da Faixa. 

Albares anunciou unha nova contribución voluntaria de España, medio millón de euros, para apoiar á ONU na investigación das violacións de dereitos humanos e crimes de guerra cometidos contra os gazatís. 

O ministro fixo o anuncio este luns nunha comparecencia na Comisión de Exteriores do Congreso dos Deputados, denunciando que Israel leva sete semanas bloqueando a entrada de axuda humanitaria e provocando unha situación de fame sen precedentes.  

O ministro defendeu unha vez máis a coherencia da política exterior do Goberno e a súa defensa do Dereito Internacional "en todas as circunstancias, en todos os conflitos, en todos os lugares", tanto en Gaza como en Ucraína. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade