Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump insiste na súa inocencia: "O noso país vaise ao inferno"

Trump insiste na súa inocencia: "O noso país vaise ao inferno"

G24.gal 05/04/2023 08:48

O expresidente dos EUA Donald Trump afirmou tras ser acusado en Nova York de 34 cargos de falsificación de rexistros mercantís que os EUA "están a irse ao inferno" e que nunca pensou que "algo así ocorrería".

Trump falou así nun acto convocado en Mar-a-Lago, a mansión e club privado en Palm Beach, na Florida, onde reside, para facer unha declaración sobre o ocorrido este martes, que foi algo inédito nos 245 anos de historia como país dos EUA. 

O expresidente chamoulle criminal e lunático ao fiscal Alvin Bragg, tamén atacou o maxistrado e a súa familia. Admitiu que levara documentos secretos, polo que tamén está sendo investigado, pero alegou que o presidente Biden inda levara máis. 

"Este caso infundado fíxose para interferir nas eleccións de 2024 e debía ser desestimado de inmediato", subliñou.

Esta diatriba vitimista de Trump poñía o punto e final a un día que pasará á historia de Estados Unidos, porque o líder republicano convertíase onte no primeiro expresidente imputado por cargos penais. 34 delitos contables por falsificar rexistros mercantís para ocultar tres pagamentos en negro.

Pagos para pagar o silencio sobre a relación extramarital cunha actriz acontecida en 2006. A Fiscalía sospeita que os cartos procedían dos fondos de campaña dez anos despois do daquela candidato á Casa Branca, o que o convertería en sospeitoso de delito electoral. Uns cargos dos que el se declarou non culpable. 

Saíu libre sen cargos e os seus avogados confían en tombar o caso. A próxima vista está fixada para o 4 de decembro. 

Lonxe de amedrentalo, Trump está disposto a sacar rédito da imputación. De momento, xa supera os sete millóns recadados para a súa campaña desde que se iniciou este proceso e a súa popularidade segue subindo. Xa superou o seu rival directo, o gobernador da Florida Ron DeSantis, e volve ser o candidato preferido dos republicanos para competir o ano que vén pola presidencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade