Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump declara por un presunto delito fiscal

Trump declara por un presunto delito fiscal

Declarou durante sete horas por unha presunta fraude multimillonaria

Hai dez días foi imputado, nunha resolución histórica, polo caso Stormy Daniels

Está pendente doutro xuízo, que será o 25 de abril, por difamación e violación

G24.gal 14/04/2023 07:57

Donald Trump volveu ter onte unha cita coa xustiza, agora en Nova York. Saudou á chegada á Torre Trump, despois de declarar durante sete horas por unha suposta fraude de 250 millóns de dólares. Está acusado de manipular valores de propiedades e o seu patrimonio neto para obter empréstitos e beneficios fiscais.

Hai dez días foi imputado penalmente, e dentro de pouco, o 25 de abril, deberá afrontar o xuízo por difamación e violación dunha muller. Os seus avogados pediron aprazalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade