Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tropezo fatal do Deportivo Abanca que se afasta do ascenso

Tropezo fatal do Deportivo Abanca que se afasta do ascenso

O Oviedo Moderno, que pelexa pola permanencia, acadou un triunfo co que poucas contaban (1-2)

G24.gal 23/04/2023 15:50

O Deportivo Abanca tropezou no peor momento. Na súa casa de Abegondo de onde marcharan moi poucos puntos ao longo da temporada e contra un Oviedo Moderno que se movía na zona baixa da clasificación. 

A remontada da semana pasada en Albacete subira moito o ánimo das coruñesas pero contra o Oviedo o partido volveu a comezar do mesmo xeito. Aos once minutos marcaba Enma García e antes do descanso Anina poñía o 0-2. 

Hai sete días o equipo coruñés conseguiu darlle a volta ao marcador e nesta tentou facer o mesmo pero foille imposible. Recurtou diferenzas cun gol en propia porta de Alices no minuto 65. Aí quedou a cousa. O resto de rivais non fallou e agora o Deportivo Abanca xa non depende de sí mesmo para acadar o ascenso e pode perigar un posto de promoción porque as sete primeiras están nun pano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade