Troncos á deriva en Marín como consecuencia do temporal

As enchentes anegaron leiras, baixos e locais de hostalería en distintos puntos de Galicia

G24.gal 06/11/2023 15:21

Esta é unha das consecuencias do temporal: troncos á deriva, arrastrados ata o mar co conseguinte perigo para as embarcacións, que tiveron que ser retirados pola Autoridade Portuaria de Marín e Salvamento Marítimo. Outro dos puntos complicados na provincia de Pontevedra foi Ribadumia. O río Umia desbordouse, afectou as leiras e anegou o club de piragüismo. Ademais, debido á enchente foi necesario rescatar dous condutores.  

Problemas similares en Ourense. Nos primeiros 5 días de novembro choveu na provincia o que chovería en todo este mes. Os veciños, impresionados, miran de lonxe un río Miño que roza xa os 5 metros.  

Despois dun intenso traballo para os servizos de emerxencias, hoxe as inclemencias do tempo dannos un respiro e agárdase que todo volva pouco a pouco á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade