Publicador de contidos

Publicador de contidos

Triunfo sólido de Jorge Prado en Suíza, con Rubén Fernández no quinto posto

Triunfo sólido de Jorge Prado en Suíza, con Rubén Fernández no quinto posto

O lugués liderou desde a primeira curva ata o final 

Rubén Fernández saíu no noveno posto e finalizou no quinto lugar

Foto MXGP
G24.gal 10/04/2023 15:22 Última actualización 10/04/2023 15:45

O galego Jorge Prado (GasGas) impúxose na primeira manga do Gran Premio de Suíza da categoría reina do Mundial de Motocrós (MXGP), que se disputa este luns no circuíto de Frauenfeld.

O piloto lugués, que foi o máis rápido na rolda de clasificación do sábado, dá un paso para consolidar o seu liderado na xeral. Prado completou unha boa saída, como é habitual nel, partiu na cabeza e aos poucos foi adquirindo unha renda suficientemente importante como para poder administrala e reservar algo de físico para a segunda, que comezará ás 17:10 horas.

Cruzou a liña de meta finalmente con 6,298 segundos de vantaxe sobre o francés Maxime Renaux (Yamaha), mentres que completou o podio o tamén galo Romain Febvre (Kawasaki).

O neerlandés Calvin Vaanderen asinou a cuarta praza por diante do vigués Rubén Fernández (Honda), o mellor no 'warm-up' da mañá.

Prado, que gañou as tres primeiras mangas das tres probas iniciais do Mundial, viuse beneficiado ademais do baixón do neeerlandés Jeffrey Herlings (KTM), o seu perseguidor na xeral, que tan só puido acabar sexto. Por tanto, comanda a xeral con 135 puntos e incrementa a súa vantaxe respecto a Herlings, Renaux e Febvre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos