Publicador de contidos

Publicador de contidos

O triunfo do Obradoiro en Badalona vale unha permanencia

O triunfo do Obradoiro en Badalona vale unha permanencia

Gran partido dos santiagueses diante dun dos mellores equipos da ACB (78-84)

G24.gal 11/05/2022 19:20

O Obradoiro seguirá unha temporada máis en ACB logo de acadar a vitoria que precisaba na penúltima xornada e na pista do Joventut, unha das máis difíciles da liga. Un partido moi serio e sufrido de todo o equipo obradoirista en que se impuxo por 78-84.

 

Comezou frío un Obradoiro que tardou 3 minutos en anotar pero unha vez que colleu a boa serie de lanzamento conseguiu dominar o primeiro cuarto. Robertson (7 puntos) anotaba con facilidade e os dous pívots Birutis e Okouo facían moito dano. 18-22 ao remate do primeiro parcial. 

No segundo apareceu Birutis dun xeito estelar. O pivote lituano foi un pesadelo para o Joventut. Anotou trece puntos e permitiu que o Obradoiro se fose ata a barreira dos dez puntos. Chegou a ter unha máxima de 11 (32-43) e acabou o cuarto oito arriba (37-45). 

Estaba Birutis gardándose moi ben das faltas pero no terceiro cargouse de persoais. Sen Birutis e Okouo foi Ante Tomic o que se converteu no dono do partido. Castigou a un Obradoiro que foi perdendo a vantaxe. Polos puntos do croata e o desacerto desde o tiro libre (chegou a facer un 5/14). O partido equilibrouse (50-51) pero os galegos mantiveron a vantaxe (58-61). 

O último cuarto comezou cun Ellenson moi inspirado. Nove puntos case consecutivos do obradoirista permitíanlle seguir por diante (65-74) pero un parcial de 8-0 facía que o partido entrara nos últimos tres minutos cheo de incerteza (73-74). Apareceu entón Phil Scrubb para anotar cinco puntos seguidos e darlle outro respiro a Obradoiro (73-79) a 2 minutos do final. Foi o arreón que precisaban os de Moncho Fernández que xestionaron ben os últimos intres e garantiron a súa presenza na ACB para a vindeira temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade