Triunfo coral do Rácing de Ferrol, que os achega á fase de ascenso
Cos 3 puntos ante o Talavera e a vitoria do Dépor ante o U. D. Logroñés, o Rácing ten practicamente garantida a súa participación na promoción de ascenso
Moita intensidade e igualdade na primeira metade da Malata, na que esta cacholada do central David Castro encontra a Edu Sousa ben situado para enviar o remate do central do Rácing á córner.
A segunda parte comezou cunha boa versión do Talavera de Manuel Mosquera. No primeiro minuto tivo Rodrigo Rodriguez este lanzamento que Gasaniga chapa en dous tempos.
E cun cartón amarelo da primeira metade, Heber Pena salta con Pablo Monroy e o árbitro balear Luis Bestar sinala a falta e o segundo cartón.
Expulsado Heber e en inferioridade numérica o Rácing foi superior. Gozou deste potente tiro de Kevin Presa desde fóra da área que obriga a unha pombiña de Edu Sousa a falta de trinta minutos para o final.
E o gol chegou nunha acción que inicia Joselu...encontra a súa esquerda a Íñigo Alayeto quen lle tira un cano a Monroy e o penalti non ofrece dúbidas.
O capitán e máximo goleador do Rácing de Ferrol colle a pelota, asume a responsabilidade e, malia que Sousa adiviña a dirección non pode evitar o gol do triunfo. 14 tantos para Joselu e tres puntos para os de Parralo que suman un total de 62 e co playoff case asegurado.