Tres pesqueiras galegas abren unha nave de frío en Mos para gañar competitividade
Feijóo anuncia que a Xunta dedicará 19 millóns de euros para a cadea mar-industria

Galicia é o décimo exportador mundial de produtos pesqueiros e o prezo da enerxía é determinante para naves loxísticas de frío como acaban de inaugurar en Mos as empreses Pescapuerta, Pereira e Profand, que ten 70.000 metros cúbicos en tres cámaras.
Nela traballan 40 persoas na conservación a 22 graos baixo cero da pescada, os cefalópodos e o gambón que captura a flota galega en caladoiros de todos o mundo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe as instalacións e alí anunciou 19 millóns de euros para a cadea mar-industria galega este ano e o que vén.
"Estas empresas acreditan a nosa marca no exterior. Galicia é a comunidade máis importante de España na balanza comercial. Temos máis de 5.000 millóns de euros de superávit nas nosas exportacións", defendeu Feijóo.
Para comercialización o presuposto galego consigna este ano 22 millóns de euros. No sector pesqueiro traballan 13.300 persoas en Galicia e factura 7.700 millóns de euros ao ano.