Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres novos municipios evacuados polo incendio de Castelló

Tres novos municipios evacuados polo incendio de Castelló

O lume xa está ás portas do Parque Natural da Serra d´Espadé

G24.gal 27/03/2023 20:45 Última actualización 27/03/2023 21:08

O incendio declarado o pasado xoves segue arrasando a comarca do Alto Mijares, en Castelló. A situación, xa de por si complicada pola seca e as condicións do terreo, agravouse este luns polos fortes ventos.

Ás tres da tarde producíanse os momentos máis críticos, que puxeron a proba os medios despregados e obrigaron a evacuar os veciños de tres municipios e ao confinamento doutro.
Un total de 80 persoas súmanse ás 1.500 que xa foran evacuadas poucas horas despois de declararse o incendio.

A conselleira de Interior da Generalitat valenciana confirma que o lume segue moi activo por culpa da adversa meteoroloxía, que reactivou moitos focos case extinguidos.

Todos os recursos, un enorme dispositivo aéreo e terrestre, están despregados na zona máis próxima á serra d' Espadá para evitar que o lume chegue a ese parque natural.

Leva calcinadas case 4.000 hectáreas e o perímetro afectado é duns 40 quilómetros, pero de momento non hai vivendas danadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade