Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres novos mestrados reciben as mencións de excelencia da Xunta de Galicia

Tres novos mestrados reciben as mencións de excelencia da Xunta de Galicia

Cos do ano pasado, o sistema de universidades galegas conta xa con 6 mestrados excelentes

G24.gal 25/10/2021 21:45

Tres mestrados da universidade da Coruña e Vigo recibiron esta tarde as mencións de excelencia que concede a Xunta de Galicia.  Nun acto presidido polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sinalouse a importancia deste recoñecemento pioneiro en España para impulsar a excelencia das ensinanzas universitarias en Galicia.

Foron tres mestrados, o de Bioinformática para Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, o de Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo e o de Biotecnoloxía Avanzada, que se imparte conxuntamente entre a Universidade de Vigo e a da Coruña, os que desde hoxe teñen o recoñecemento de excelencia, creado hai só un ano pola Xunta de Galicia para potenciar a calidade das universidades galegas.

É a primeira vez que a mención da excelencia recae nun mestrado de Humanidades. Cos do ano pasado o sistema de universidades galegas conta xa con 6 mestrados excelentes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade