Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres mil afeccionados do Celta gozan cos seus ídolos en Balaídos

Tres mil afeccionados do Celta gozan cos seus ídolos en Balaídos

O equipo preparou o partido de Copa do domingo ante o Amorebieta

G24.gal 05/01/2024 13:27 Última actualización 05/01/2024 14:22

Más de 3000 seguidores arrouparon os xogadores célticos na mañá deste 5 de xaneiro, na xornada de portas abertas programada polo club no estadio de Balaídos. A bancada de Tribuna practicamente completouse, con moitos nenos nas bancadas, primeiro para asistir á presentación dos diferentes equipos das categorías inferiores e a partir das 11:00 para presenciar completa a sesión de adestramento do equipo de Rafa Benítez.

Foi ese o momento de maior xúbilo, con aplausos da bancada e á conclusión do adestramento asina de autógrafos por parte dos futbolistas, sendo Iago Aspas o máis requirido por parte dos seguidores.

A nova fichaxe, Jailson, tamén colleu o micrófono para saudar aos presentes. Ao final do adestramento tamén houbo algúns agasallos para os presentes, que maioritariamente vestían de celeste.

O equipo preparou o partido de Copa do domingo ante o Amorebieta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade