Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres falecidos tras caer un turismo dende unha ponte en Huesca

Tres falecidos tras caer un turismo dende unha ponte en Huesca

O coche bateu contra unha ponte e caeu a un río dende vinte metros de altura

Os tres ocupantes do vehículo, dous homes e unha muller, morreron no lugar do accidente

O concello oscense de Benasque decretou un minuto de silencio en memoria das vítimas

G24.gal 30/06/2024 14:45

Tres persoas faleceron esta mañá nunha estrada do concello de Benasque, en Huesca, tras caer o coche onde viaxaban dende unha ponte de vinte metros de altura.

As vítimas son dous homes e unha muller, traballadores dun hotel da zona. O turismo no que circulaban sufriu unha saída de vía na estrada A-139 e, por causas que se están a investigar, caeu dende unha ponte precipitándose ao río Esera.

A complicada orografía do lugar obrigou a intervir a o Grupo de Rescate de intervención de Montaña da Garda Civil e aos bombeiros para rescatar os corpos dos falecidos. O concello de Benasque decretou un minuto de silencio en memoria das vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade